Skip to main content

Estudos de Paisaxe

A irrupción da exposición de fotografía “ The New Topographics” a mediados dos 70 s cambiarao todo. De súpeto, a banalidade instalarase no xénero de paisaxe e manifestarase como un valioso mecanismo para explorar e cuestionar o territorio. Paisaxe que se fai e habítase na propia mirada de quen o contempla. Non hai paisaxes ermas: a paisaxe será o lenzo no que se proxectará a propia desolación do espectador.

Os proxectos de paisaxe quizá esixen unha minuciosa investigación previa, unha detallada planificación, unha metodoloxía de traballo precisa e sosegada, e tempos de produción máis prolongados. Os resultados son produto dunha lenta destilación, no que se van proxectando sobre un territorio imaxinado as coordenadas de nosa propia identidade.

Estes son algunhas das series de paisaxe onde explorei e interroguei o territorio que me é próximo, un percorrido psicogeográfico por lugares comúns e cuxa transcendencia tan só é relevante para as persoas que os habitan:

N-120
Invasións
Travesía.