[Paréntese]


Textos para el diario confinado de Luz Nocelo, autoeditado en 2020.

[..daquelas siluetas de prata,
sombras rescatadas do tempo,
soprou o morno alento do pasado..]

[..nas horas e días que seguiron,
entretiven a mirada e o pensamento
en cada un deses preciosos obxectos
por onde o tempo destilaba os seus recordos..]

[..fráxil coraza que me acariña e protexe,
a esperanza impaciéntase
contemplando no horizonte un tenue fulgor..]

[..na organizada sucesión de praceres e obrigacións atopo o remedio para disolver a obstinada letanía do reloxo..]

[..fun espello e fun xanela
á que me asomei con urxencia cada atardecer;
voou a imaxinación cada maña entre a luz e a sombra;
e emocionoume lembrar, vivir, soñar..]


Enlaces:

https://www.blurb.es/books/10180881-par-ntese